miércoles, 6 de mayo de 2015

Obradoiro: "A ciberviolencia sexual na mocidade".

Co obxectivo de reflexionar, debater, entender e rexeitar a ciberviolencia sexual e o acoso que principalmente sofren as rapazas nos entornos dixitais a  Concellería de Igualdade do Concello de Vigo organiza, o martes 19 de maio, o Obradoiro: "A ciberviolencia sexual na mocidade".


Dirixido a: nais, pais, e familiares interesad@s

Contidos:

- Identidade dixital. Redes sociais mais empregadas e erros mais comúns.


- Uso de dispositivos móbiles.Conexión permanente, inmediatez, grupos de whatsapp e whatsapproblemas.

- Selfies, identidade, presión e influencia social. Que selfies atopamos e que valores podemos fomentar e educar.

- A violencia sexista nas redes: coñecela, entendela e previla.

- Coñecer as distintas manifestacións da ciberviolencia de xénero: grooming, sextorsión, ciberbullyin, ciberacoso sexista, control. Delitos e consecuencias legais para centros de ensino e familias. Entender, coñecer e ensinar.

- Ser unha persoa adulta nas redes. Achegarnos á xuventude, entender e acompañar,....é posible?.


Data: Martes, 19 de maio de 2015
Horario: de 17:30 a 19:30 horas
Lugar: Salón de Actos do Instituto Municipal de Educación. Camiño do Chouzo, número 2
Prazas limitadas. Inscrición previa a través de FOANPAS no T: 986 298 812 ou a través do enderezo electrónico: foanpas@foanpas.com