domingo, 31 de mayo de 2015

I Concurso de cómic Free your art





CONCURSO PICKWICK SCHOOL: FREE YOUR ART

Tema do concurso:
Os temas do concurso son os seguintes:
-          Cómic en lingua castelá ou galega sobre a importancia de saber falar inglés protagonizado por dúas personaxes chamadas Pick e Wick.
-          Cómic de tema libre escrito íntegramente en lingua inglesa protagonizado por dúas personaxes chamadas Pick e Wick.

Premios:
Se entregarán dous premios por categoría:
6 a 8 anos:
                1º premio – una beca por un curso escolar de estudos en Pickwick School
                2º premio – un taller a escoller dentro da oferta
9 a 12 anos:
1º premio – una beca por un curso escolar de estudos en Pickwick School
                2º premio – un taller a escoller dentro da oferta  
13 a 16 anos:
1º premio – una beca por un curso escolar de estudos en Pickwick School
                2º premio – un taller a escoller dentro da oferta  

A quén vai dirixido
O concurso está destinado a escolares que decidan enviar os seus traballos nas súas categorías correspondentes:
·         6 a 8 anos
·         9 a 12 anos
·         13 a 16 anos


Formato de presentación
O cómic ten que se presentar nun folio ou cartolina tamaño A4  ou A3 apaisado a unha cara. Debe de conter un título na cabeceira e un mínimo de oito viñetas.
Pódese facer a man, a ordenador ou técnica mixta e non pode ir firmado.

Data límite de presentación ó concurso
15 de xuño de 2015

Presentación dos traballos
Cada centro determinará cómo facer chegar os traballos e entregalos na data sinalada a Picwick School.
Cada traballo deberá ser presentado xunto cun sobre pechado que indique a categoría á que opta e que conteña un folio cos seguintes datos do ou a participante:
-          Categoría na que se presenta
-          Nome
-          Curso que fixo no ano escolar 2014/2015
-          Centro no que cursou o último ano escolar


Entrega de premios
A entrega de premios farase na Estación Coworking o día sábado 27 de xuño de 2015, e os mellores traballos poderanse ver expostos en dito lugar durante a semana do 22 ó 28 de xuño de 2015



Cuestións legaise éticas
Mr Pickwick School, S.L. (en adiante Pickwick School) se reservan o dereito de adaptar as bases o os premios en calquera momento. Calquera notificación sobre posibles cambios se notificará a SURGAPA e terá vixencia dende a data de comunicación.
Todos e todas os participantes deben respectar la lei europea dos dereitos de autor. Ningún traballo pode conter declaracións, feitos, información ou citas que podan prexudicar ou denigrar a calquera persoa ou grupo de persoas.
Ningún traballo pode conter declaracións, feitos, información ou citas que inciten á persecución de ningunha persoa por cuestións de raza, opinión, nacionalidade, sexo, profesión ou calquera outra razón, nin poden enaltecer o crime ou o incumprimiento das leis.
Descalificacióndos traballos
Mr Pickwick School, S.L. poderádescalificar un traballo si está fora doprazo parcial ou totalmente, ou si noncumpre con algunha das regras do apartado "Cuestións legais e éticas".
Dereitos de reprodución
Tódolos traballos serán propiedade de  Mr Pickwick School, S.L. Aorganización ten dereito a mellorar, editar, ampliar, modificar e reproducir os traballos dende adata de entrega.
Dereitos de disfrute dos premios
Os premios non poderán der transferidos a terceiras persoas.
No caso dos primeiros premios, as becas de inglés, os gañadores deberán integrarse nun grupo dentro da oferta formativa de Pickwick School. Pickwick School se reserva o dereito a cancelar ou non sacar a diante os grupos se non cumpren cun mínimo de tres alumnos, en dito caso, se ofrecerá un grupo alternativo.
Información xeral
O concurso está organizado por Mr Pickwick School, S.L.. Para calqueraconsulta dirixirsea:pickwickschool@outlook.com