miércoles, 29 de junio de 2016

No verán un conto 2016


EXPLICACION DE LAS ACTIVIDADES

A MÚSICA DAS ÁRBORES

Garciano Zoqueiro, trasniño e gaiteiro, descubriu que as árbores facían música. Cando o
vento move as pólas nace unha sinfonía, unha orquestación. Cando a chuvia cae nas
follas soa un violín, unha gaita, unha zanfona, cada vez que unha treboada fai danzar os
freixos ármase un espectáculo de ballet.
Mais Graciano Zoqueiro, trasniño e gaiteiro, descubriu tamén que con cada un dos
incendios forestais, cos lumes, coas talas, desaparecían os sons, cantigas, danzas, a
música dos bosques. Por iso foi quen de chamar ao Bardo Abelardo para que lle
axudase a salvar a música das árbores.

Público: Familiar
Día 15 de xullo
11:30, na carballeira de Teis
20:00, ao carón do palco exterior, Castrelos
Día 29 de xullo
11:30, praza da Lagoa, Navia
20:00, rúa Londres, detrás do museo Marco

FÁBULAS

Un conto sempre ten necesidade de ser compartido; por iso nace “Conta comigo, conto
contigo”.
Todas e todos podemos vernos cara a cara para contar e vivir os contos. Imaxinades
unha xuntanza de corvos vellos? Cheos de experiencias que contar, case nunca falan de
si mesmos; pero moito lles gusta falar dos outros animais.

Público: Infantil
Día 6 de xullo
20:00, praza da Independencia
Día 8 de xullo
20:00, praza de Digau Navia
Día 26 de agosto
20:00, rúa Londres, detrás do museo Marco

NAS NUBES

Que ben se está nas nubes! Viaxaremos coa imaxinación na procura de contos que se
agochan por todas partes. Exploraremos lugares perdidos habitados por seres
misteriosos e descoñecidos. Pechade os ollos, alá imos…

Público: Familiar
Día 13 de xullo
20:00, praza da De Digao, Navia
Día 20 de xullo
20:00, praza da Independencia
Día 1 de Agosto
20:00, diante do mercado do Calvario

PEPIÑA MARUXIÑA QUERE VOAR

Pepiña Maruxiña emprende unha aventura polo xardín á procura dunhas ás. Polo
camiño coñecerá diferentes animais que a axudarán a cumprir os seus desexos de voar.
Baseado na tradición popular de cantarlle ás xoaniñas para protexelas, pero tamén para
que emprendan o voo, para preguntarlles polo tempo atmosférico, para coñecer con
quen vas casar, para que faga bo tempo e boas colleitas...

Público: Infantil
Día 29 de agosto
20:00, diante do mercado do Calvario
Día 31 de agosto
20:00, praza da Independencia
Día 2 de setembro
20:00, praza da Lagoa, Navia

CONTOS SOÑADOS

Con esta actividade, Miguel achéganos un mundo cheo de fermosas historias baixo
a premisa de que os contos non hai que contalos, hai que vivilos.

Público: Familiar (a partir de 4 anos)
Día 5 de agosto
20:00, praza da De Digao, Navia
Día 8 de agosto
20:00, diante do mercado do Calvario
Día 22 de agosto
20:00, A Miñoca

CONTOS PA POTA

Así como a comida enche a nosa barriga, os contos enchen a nosa imaxinación.
Ao redor da pota imos cociñar historias deixándonos levar polo fogón.

Público: Familiar (a partir de 4 anos)
Día 11 de xullo
20:00, A Miñoca
Día 18 de xullo
20:00, diante do mercado do Calvario
Día 22 de xullo
20:00, praza da Lagoa, Navia
Día 27 de xullo
20:00, alameda de Bouzas
Día 3 de agosto
20:00, ao carón do palco exterior de Castrelos
Día 24 de agosto
20:00, praza da Independencia