A Concellería de Igualdade do Concello de Vigo informa que durante os días, 24 e 25 de abril, organiza as xornadas formativas: "O contexto educativo.Clave para previr a violencia de xénero e sexual na mocidade"
Esta acción enmárcase no programa "Irene" de información, formación e prevención da violencia sexual na mocidade e adolescencia que o Concello de Vigo ten conveniado co Instituto da Muller para o período 2014/2015.
Especialmente dirixidas (aínda que non exclusivamente) para profesionais do ensino, servizos sociais, anpas...
As prazas son limitadas e concederanse por orde de inscrición.
As persoas interesadas en asistir deberán enviar a folla de inscrición, ou os datos que se piden nela, a través do fax núm. 986 430 082 ou ao seguinte enderezo electrónico: xornadas.igualdade@vigo.org